En esta sección les pedimos a amigos y familiares que viven o han vivido fuera de España que nos ayuden a conocer mejor el lugar en el que viven a través de 10 preguntas.
Hace unas semanas conocimos a Sara, la pontevedresa que nos descubrió el caribe nicaraguense desde Bluefields.Estuvo allí dentro de un programa de voluntariado, pero ni fue sola ni fue el único lugar en el que trabajó.La acompañaba nuestra invitada de hoy:la ourensana Tamara.Ella nos hablará del otro lugar donde estuvieron trabajando:Piura en Perú.
Las respuestas al cuestionario están en gallego que es el idioma en el que las respondió su autora.Las hemos dejado así porque también es nuestro idioma y creemos que se entiende perfectamente para un castellanohablante.Hemos colocado unos asteriscos con la traducción en español en aquellas palabras que consideramos de difícil comprensión pero si hay algo que no entendais solo teneis que pedirlo y os lo traducimos encantados.

De Ribadavia a Piura
Piura/Población:420.000/ Idioma:español
1-¿Cuánto tiempo viviste allí?
Estiven tres meses facendo un voluntariado en Saúde* Mental a través da ONG Juan Ciudad.
*Saúde:Salud
2-¿Qué te hizo decidirte por ese lugar?
Pois era un dos lugares onde a ONG mandaba voluntarios e a min Perú sempre me seduciu moito. Catro anos antes estivera no país por un seminario e quedara prendada.

Cidade de Piura, capital do departamento homónimo
3-¿Qué es lo que más te gustaba de vivir allí?
Gustáronme moitas cousas: os compañeiros de traballo; a gratitude e o cálido acollemento da xente local; o traballo que facía alí; as festas; a comida…un mogollón de cousas!!!
4-¿Y lo que menos?
Pois había varias cousas, como é a mala xestión do lixo* e unha falta de educación e consciencia sobre a importancia de coidar o medioambiente na poboación.
*Lixo:Basura

Mototaxis na ciudade
A nivel de Sanidade, que é co que eu tiven máis contacto, había moita falta de recursos e os que había estaban centralizados nas cidades, co cal a xente que vivía no rural estaba totalmente en moita desvantaxe, tamén debido ás malas comunicacións existentes.
Mulleres da Serra
Tampouco me gustaba a discriminación que sufrían os “cholos”, peruanos con maior peso xenético indíxena, por parte doutros peruanos sobre todo se ademáis eran da serra.
5-¿Qué es lo que más echabas de menos?
Realmente o único que botaba en falta* era á miña xente…
*Botar en falta:echar de menos
¿Puedes recomendarnos…?
Levar roupa fresca porque vai moito calor durante todo o ano, sobre todo no seu verán con temperaturas altísimas e moita humidade; ir provistos de antimosquitos abundante; e probar toda a gastronomía,porque é incríbel!
6-Algo que visitar.
A cidade de PIURA é a capital de provincia e departamento no cal hai deserto, costa, algo de selva e serra andina; polo tanto hai un montón de cousas interesantes para visitar. O que é na cidade, o centro é bonito e pequeno, co cal se visita rápido. Como curiosidade, dicir que foi a primeira cidade fundada en Sudamérica polos españois. Moi preto* está CATACAOS, lugar famoso pola artesanía e gastronomía (recomendación: comer no Mal Mandao).
*Preto:cerca
As praias que a min me gustaron por diferentes e bonitas son COLÁN e TORTUGA. Pero a máis famosa é MÁNCORA por bonita, coidada e por ofrecer un montón de servizos.

Praia Tortuga
Na serra é recomendable ir a LAS HUARINGAS en Huancabamba, que son unhas lagoas moi fermosas para facer rotas de sendeirismo, bañarse e purificarse con axuda de chamáns.

Praia de Máncora
Sierra piurana
Para ir de festa en Piura recomendo ir ao Clan Destino Bar e ao Raíces, onde case todas as semanas hai música en directo.
Xa noutros departamentos, que relativamente están preto é moi recomendable ir a CHICLAYO e TRUJILLO, xa que hai museos e zonas arqueolóxicas de culturas pre-incas moi, pero que moi impresionantes; ademáis de que as cidades en si están moi ben.
Trujillo
Trujillo
Teño que dicir que respecto a Perú todo o mundo coñece o sur, onde está o Machu Picchu; pero a zona norte non ten nada que envexar. Para min era todo descoñecido e deixoume moi boa impresión. Sobre todo é moi recomendable para xente que lle gusta a historia e a arqueloxía…e tamén o calor! Ademáis no norte tamén está a Amazonía, con Iquitos como cidade principal, perfecto para os amantes da Natureza.
7- Algo que comer.
Hai unha gastronomía moi rica e variada. Con peixe e marisco fan: cebiche, tiradito, sudado, parihuela…En carne destacan o seco de cabrito e a cecina. Como acompañantes diferentes e ricos están a cancha e os chifles, ademáis das máis de 1000 clases diferentes de patacas. Para beber: chicha morada (zume dun tipo de millo) e pisco sour (o cóctel estrela).
Cebiche
O bo da cidade de Piura é que se pode atopar* todo o típico da gastronomía da serra, costa e selva!
*Atopar:Encontrar
8- Una fecha o fiesta especial.
Eu estiven no día que festexan a independencia de España, o 28 de xuño e celébrano por todo o alto!
9- Un artista o un grupo musical que hayas descubierto allí.
Nos meses que estiven en Piura coñecín dous grupos que me encantaron: La Mente e La Sarita. Despois do periodo de voluntariado seguín un tempo de viaxe por Perú e fun ao Lima Vive Rock, que é un festival que se fixo na capital do país, gratis e só con grupos peruanos, incluidos os mencionados, e foi flipante. Non imaxinaba que houbera tantos grupos de tanta calidade. Foi moi bacán! (Como dirían por alí )
La Mente: Los enfermos
La Sarita: Guachimán
10- Y por último…¿una anécdota divertida?
Pois seguindo a falar de música…unha das situación máis diferentes para min foi a organización dun concerto de grupos rock e reggae piuranos dentro do recinto hospitalario un sábado pola mañá…e todo para conseguir cartos, xa que alí a Sanidade non é para todos e había que conseguir financiación para uns dos proxectos.
Tamén sería de anécdota os controis que nos facían as funcionarias de prisión ao entrar no cárcere, ao cal íamos todos os luns a un programa con xóvenes moi especiais. Esto só se pode contar en privado…
Si os apetece participar en esta sección contactar con nosotros en las redes sociales o por correo y os enviaremos el cuestionario.